Colaboramos con la Universidad de Vigo
EdCPG con el Máster en Dirección de Arte PublicitariaO Máster en Dirección de Arte Publicitaria proporciona unha perspectiva profesional sobre deseño gráfico e creatividade dentro do proceso publicitario. Trátase dun postgrao cun plan de estudos eminentemente práctico dirixido a proporcionarlle ao estudante a mellor formación para integrarse en departamentos de arte e ser parte activa do proceso creativo. As prácticas en empresas obrigatorias e a posibilidade de realizar parte dos estudos no estranxeiro facilitarán que os estudantes adquiran unha perspectiva global e profesionalizante do mercado no que van desenvolver a súa actividade. |